Os Bonos Corazón adiantan a súa chegada: 450.000 euros para incentivar o consumo no comercio e na hostalería locais
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, apuntou que a campaña chega este ano con dúas novidades: un incremento orzamentario de 17.000 euros con respecto a 2023, e a mudanza nas datas. Ao respecto, a tenenta de alcaldesa explicou que "atendimos á demanda dos colectivos de comerciantes, que solicitaron que os Bonos Corazón se centralizaran no mes de novembro".