• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria COVID-19

O capítulo II está integrado polos artigos 6 a 16 e recolle o mantemento de determinadas medidas de prevención e hixiene, como son o uso obrigatorio de máscaras na vía pública, en espazos ao aire libre e en espazos pechados de uso público ou que se atopen abertos ao público, así como nos transportes. Así mesmo, a este respecto, contémplase a posibilidade de que as máscaras poidan ser adquiridas de maneira unitaria nas oficinas de farmacia, o que facilita o seu acceso á poboación.

Axudas á adaptación de establecementos cara a COVID-19

O programa Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros –no que colaboran as consellerías de Economía, Emprego e Industria; Cultura e Turismo; e Infraestruturas e Mobilidade– achegará apoios inmediatos a máis de 27.000 establecementos galegos para que pemes e autónomos poidan instalar medidas de protección para traballadores e clientes.

As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma.

A banca dá por esgotada a primeira liña de avais do ICO por avalancha

Desde as principais entidades explicaron a Efe que non pararon de recibir peticións desde que se anunciou, por parte do Goberno, que o Estado avalaría o novo crédito que se concedese para afrontar os efectos económicos da pandemia do COVID-19. Cada banco foi recibindo esas peticións, que na maioría das entidades consultadas superou con fartura a cota que lles corresponde, e analizaron cada caso para determinar se o autónomo ou empresa é viable para darlle un crédito.

Unha curva en forma de logotipo de Nike: a última teoría sobre como será a recuperación económica

Unha análise preliminar de Deloitte sobre o impacto do coronavirus no consumo e a distribución desenvolve esta idea. De acordo á consultora —que explica que non é un informe ao uso, senón material utilizado durante un \'webinar\'— a recuperación do gasto en viaxes, lecer e comercio non chegaría ata pasados o nadal deste ano. O único sector que se ve beneficiado polo confinamento é o gran consumo, que viviu semanas axitadas.