• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas á adaptación de establecementos cara a COVID-19

Data de escritura

A Xunta destina 16 millóns de euros á nova liña de axudas destinada aos sectores do comercio, o turismo, os servizos e o transporte para facilitar a súa volta á actividade achegando a máxima confianza aos consumidores no novo contexto económico.

O programa Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros –no que colaboran as consellerías de Economía, Emprego e Industria; Cultura e Turismo; e Infraestruturas e Mobilidade– achegará apoios inmediatos a máis de 27.000 establecementos galegos para que pemes e autónomos poidan instalar medidas de protección para traballadores e clientes.

As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma.

Mediante unha tramitación rápida e sinxela –que inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos investimentos realizados– poderán solicitar estes apoios autónomos e pemes do sector comercial, turístico, dos servizos e do transporte.

As axudas destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de medios de protección e hixiene para o persoal e clientes do establecemento, así como medidas de reforzo de limpeza e de desinfección dos locais; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección.