O Foro Talentia encheu esta tarde o auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, nun evento que analizou como a innovación, a tecnoloxía e o talento están a transformar o mundo laboral. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, foron as encargadas de abrir o acto, que levou por lema “Persoas con propósito impulsando a innovación”.
A Casa das Máquinas acolleo o 8 de novembro a Xornada de Oficios da Maker Faire Galicia, un evento deseñado para poñer en valor os oficios tradicionais e conectalos coas novas xeracións. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuvenude, María Rozas, aproveitou a inauguración do evento para poñer en valor estes oficios “non só porque son parte da nosa identidade nun mundo cada vez máis globalizado, senón tamén pola súa importancia desde o punto de vista económico e o papel que poden xogar na creación de emprego de calidade”.
Talentia Summit 2024 pon a ollada no talento mozo e comeza con récord de visitas á plataforma online
En pouco máis de 8 horas de funcionamento a plataforma on line de Talentia Summit 2024 sumou máis de 9.000 usuarios únicos e 12.000 sesións, e a oferta formativa da feira superou as 2.100 prazas reservadas. Son datos de récord, que demostran que a feira do emprego e o talento de Santiago é unha cita totalmente consolidada. Así o afirmou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, que hoxe presentou todos os detalles do evento que se vai desenvolver do 12 ao 15 de novembro.
O maior evento de emprego de Galicia, Talentia Summit, celebrará a súa edición de 2024 do 12 ao 15 de novembro, cun programa cheo de novidades e facendo unha clara aposta pola formación. A feira, organizada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, ten como obxectivo proporcionar ferramentas, contactos e formación para que as persoas participantes poidan desenvolver todo o seu potencial profesional.
Os Bonos Corazón estarán dispoñibles para a súa descarga a partir do 8 novembro, e desde dous días antes, desde o día 6, poderánse adherir ao programa os establecementos de comercio e hostalaría de Santiago. A Xunta de Goberno Local aprobou, nunha sesión extraordinaria, a convocatoria deste 2024, á que se destina un orzamento de 450.000 euros.
La semana pasada tuvo lugar en Santa Cruz de Tenerife la Asamblea General de la Red de Entidades de Desarrollo Local, REDEL. El encuentro se celebró por primera vez en Tenerife, concretamente en el Tea Tenerife Espacio de las Artes.
La Asamblea aprobó la incorporación del Ayuntamiento de Arona como nueva entidad de REDEL, que cuenta ya con 36 entidades asociadas. Así mismo, el Ayuntamiento de La Laguna manifestó su interés por incorporarse a la red. La Asamblea también aprobó el plan de gestión y presupuesto para el nuevo ejercicio.
La Sociedad de Santa Cruz de Tenerife, socia de la red estatal y anfitriona en este caso del encuentro, ha sido la encargada de organizar una agenda completa en torno al comercio, el turismo, la gastronomía y el producto local bajo el título ‘Futuro Urbano: Estrategias de Innovación y Colaboración’. Durante el foro, se han abordado las transformaciones que están viviendo nuestras ciudades, impulsadas por la digitalización, el comercio urbano y la colaboración entre los sectores público y privado. En un momento en el que las ciudades necesitan adaptarse a nuevas realidades económicas y sociales, es fundamental explorar estrategias innovadoras que aprovechen las herramientas tecnológicas y que fortalezcan el tejido comercial de las comunidades. La colaboración es clave en este proceso, no solo entre las entidades públicas y privadas, sino también entre las distintas administraciones y territorios, con el fin de aprender mutuamente y compartir soluciones. El foro ha servido de espacio para discutir y compartir las experiencias que están marcando el futuro de las ciudades, con el objetivo de crear entornos más sostenibles, dinámicos y atractivos para vivir y trabajar.
A X edición da Maker Faire Galicia celebra este ano a súa primeira Xornada de Oficios, un evento deseñado para poñer en valor os oficios tradicionais e conectalos coas novas xeracións. Nos últimos tempos, as conversas sobre estes oficios estiveron marcadas por dous grandes desafíos: a escaseza de profesionais cualificados e a falta de relevo xeracional. Este evento, que terá lugar o 8 de novembro na Casa das Máquinas de Galeras, está dirixido a profesionais, estudantes e público xeral interesado en descubrir as oportunidades que estes oficios ofrecen no mundo actual. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, estará presente na inauguración.
O vindeiro 5 de novembro, Vigo acollerá unha xornada clave sobre os produtos de base vexetal, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). O encontro terá lugar no Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e analizará o impacto deste sector en crecemento, co foco na etiquetaxe, innovación e sustentabilidade.
O Espazo Maker Compostela, aberto na Casa das Asociacións de Cornes, ofrecerá novos obradoiros no mes de novembro para seguir impulsando a innovación e a creatividade entre a veciñanza e apoiando á comunidade maker de Santiago. Todas as actividades, dirixidas a persoas maiores de 16 anos, son de balde.
O Espazo Maker Compostela é unha infraestrutura destinada a impulsar a innovación e a creatividade entre a cidadanía de Santiago, fomentando a participación cidadá en actividades tecnolóxicas e creativas.
Despois dos obradoiros realizados no mes de outubro, realizaranse ao longo do mes de novembro outra serie para seguir apoiando a aprendizaxe da a Comunidade Maker de Santiago de Compostela en diferentes materias, como Electrónica, Programación ou Deseño 3D.
Espazo Maker Compostela que ofrece todo o material e ferramentas precisas para a realización das accións formtivas funciona na casa das Asociacións de Cornes
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou hoxe na apertura do programa de emprego "Genius", no que 16 mozos e mozas menores de 30 anos recibirán formación nas especialidades de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos. No acto tamén participaron a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, e o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración, Juan José Couce.