• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tussa e Castrosúa asinan un convenio de colaboración para o estudo dunha solución ás demandas de mobilidade de Santiago

En virtude do convenio de colaboración, que terá unha duración dun ano, TUSSA e MOBME colaborarán na realización das actividades de investigación e análise necesarias para identificar solucións de micromobilidade urbana alternativas e complementarias ao vehículo privado e ao transporte colectivo, que favorezan a intermodalidade a través de sistemas multimodais e adaptadas as características de Compostela. 

A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, presidida por Santiago, incorpora novos socios na súa Asamblea Xeral

Coas novas incorporacións, de REDEL forman parte da xa 40 entidades que representan a unha poboación de máis de 24 millóns de habitantes. A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local tamén aprobou a memoria e o peche do pasado exercicio na Asamblea Xeral, ao redor da que a Deputación de Tarragona organizou unha intensa axenda en torno á chamada “silver economy”.

O comercio local volve ser unha festa: o “Prima 25” celebrarase os días 5, 6 e 7 de xuño

María Rozas reiterou o compromiso do Concello co comercio de proximidade “porque son os establecementos de barrio os que axudan a facer cidade, os que contribúen a construír a nosa identidade, e os que tecen comunidade”. Este compromiso, explicou, tradúcese en propostas de dinamización como o evento “Prima 25”, que xa se tén consolidado, ou como os programas específicos do Nadal, “pero tamén no reforzo da campaña dos Bonos Corazón, á que este ano destinaremos un total de 600.000 euros en dúas quendas, a primeira delas xa en marcha”-

Programación do Prima 25

A Concellaría de Promoción Económica e a Cámara de Comercio colaboran no fomento do espírito emprendedor e a mellora da competitividade das empresas

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude explicou que este convenio “dálle continuidade á colaboración que veñen mantendo o Concello e a Cámara de Comercio, dentro do obxectivo común de impulsar o desenvolvemento económico local”. María Rozas apuntou que, para iso, a Cámara de Comercio ofertará ao longo de todo o ano “distintas actividades que pretenden cubrir todo o ciclo de vida do emprendemento, desde o fomento das vocacións empresariais ata a apertura a mercados internacionais, pasando pola análise da viabilidade dos proxectos”.

O Concello de Santiago e Espazocoop colaboran nun programa de Formación Especializada de Cooperativas

O programa de Formación enmárcase no convenio de colaboración que o Concello, a través do departamento de Promoción Económica, tén asinado coa Unión de Cooperativas Espazocoop para desenvolver un programa máis amplo de actuacións a favor do cooperativismo, denominado “Impulso dun Ecosistema Emprendedor na Economía Social”.

Primeira experiencia profesional mocidade

A convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lle faciliten a inserción laboral, coa finalidade última de proporcionar a estas persoas unha primeira experiencia no emprego, promovendo a súa empregabilidade e a retención do talento mozo na nosa Comunidade Autónoma.

Axudas ao emprendemento. Consellería de Emprego

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (código de procedemento TR880A).

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma.

O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras polas cales se rexerán as subvencións ás persoas traballadoras autónomas a través dos seguintes programas, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025:

a) Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laboráis

Establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

Establécese o seguinte programa de axudas:

- Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

Finalidade.