PROMOCIÓN ECONÓMICA | I NETWORKING “FAINO TI”
Foron dúas horas cheas de debate, análise, diagnóstico e propostas nos que se puxo o foco na necesidade de multiplicar o valor da cidade mediante a sincronización de programas de talento público-privados que acaben por converter á cidade nun referente científico - emprendedor consolidado.
Máis de 1.300 veciños e veciñas achegáronse á cultura maker grazas ao programa "Faino Ti"
O Centro Xove da Almáciga acolleu o día 28 de outubro o acto de clausura da Academia Maker, unha das actividades enmarcadas no proxecto "Faino Ti", que a concellería de Promoción Económica puxo en marcha dentro da EDUSI, en colaboración co departamento de Centros Socioculturais. No acto, María Rozas salientou o éxito desta iniciativa "tanto polo número de persoas participantes, como pola calidade dos contidos impartidos".







