• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROMOCIÓN ECONÓMICA | I NETWORKING “FAINO TI”

Data de escritura

Cooperativas, Executivas, Economistas, Cámara, Polo Biotecnolóxico, Universidade, Empresarias e empresas reúnense no centro CERSIA Empresa da man de Promoción Económica para falar de Nova Economía e retos económicos en clave local.

Cooperativas, Executivas, Economistas, Cámara, Polo Biotecnolóxico, Universidade, Empresarias e empresas reúnense no centro CERSIA Empresa da man de Promoción Económica
Cooperativas, Executivas, Economistas, Cámara, Polo Biotecnolóxico, Universidade, Empresarias e empresas reúnense no centro CERSIA Empresa da man de Promoción Económica

Foron dúas horas cheas de debate, análise, diagnóstico e propostas nos que se puxo o foco na necesidade de multiplicar o valor da cidade mediante a sincronización de programas de talento público-privados que acaben por converter á cidade nun referente científico - emprendedor consolidado. Para alcanzar a converxencia que un proxecto de cidade de semellante envergadura precisa, necesitamos ofertar chan empresarial, reforzar o apoio ao emprendemento, potenciar os programas de mentorización e detectar as oportunidades de investimento necesarias para apoiar a creación de start ups e unicornios que sexan quen de asociar a nosa imaxe de cidade á eficacia, a eficiencia, a solvencia e a innovación. Modelos de países veciños poden inspirarnos.
A Administración é clave para esta transición. O é, polo seu papel catalizador. Pero para logralo debe avanzar na unificación de xanelas, na axilización dos procedementos e na súa propia eficiencia. Logralo require do esforzo de todos e todas, por iso o equipo de traballo deste encontro comprométese a traballar nun libro branco de propostas para mellorar a nosa cidade e a súa administración que esperan poidan presentar no edificio CERSIA no outono deste ano.