Santiago presenta un proxecto de 20 millóns de euros para transformar o norte da cidade con equipamentos e proxectos de mellora ambiental, urbana, social e cultural
As actuacións responden a necesidades funcionais e xerarán contornas máis habitables, resilientes e socialmente equitativas, contribuíndo de maneira significativa aos desafíos que propón a Axenda Urbana “Esperamos poder conseguir a maior cantidade posible dos fondos solicitados, destes 12 millóns para un investimento de 20 e agardamos con iso poder dar un salto nunha transformación que sen lugar a dúbidas será crucial para Compostela”, proclamou Goretti Sanmartín.