• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aberto ata o 1 de outubro o prazo para presentar candidaturas aos IV Premios á Excelencia Empresarial

Os Premios á Excelencia Empresarial nacen co fin de premiar ás empresas que se distinguen polas súas boas prácticas no eido da conciliación, economía circular, aplicación da innovación e ciencia no modelo de negocio, a comercialización de produtos e servizos culturais, o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda Urbana 2030, o desenvolvemento da economía social e a retención do talento. Cada categoría contará cun premio por importe de 6.000 euros, e haberá ademais tres mencións especiais por importe de 2.000 euros cada unha delas. 

A alcaldesa Goretti Sanmartín anima a "tomar consciencia" á hora de escoller onde mercar

"Estes premios deben servir para que a nosa veciñanza e o tecido socioeconómico en conxunto tome consciencia do significado das súas escollas mercantís, do que nos xogamos cando eliximos onde mercar, a que empresa chamar ou que produto seleccionar", afirmou na clausura do acto.

Xornadas informativas para as empresas que aspiren ás subvencións a Empresas de Economía Social e aos Premios á Excelencia Empresarial

A Concellería de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago vén de publicar a segunda convocatoria das subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social e dos premios á excelencia empresarial. Ambas convocatorias introducen modificacións con respecto ás edicións anteriores, co obxectivo de incentivar o emprego feminino e de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión, favorecer a novos sectores de actividade, ou priorizar as dimensións estratéxicas e obxectivos da Axenda Urbana 2030.