A alcaldesa Goretti Sanmartín anima a "tomar consciencia" á hora de escoller onde mercar
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou hoxe na entrega dos premios Peme do Ano da Cámara de Comercio, nun acto no que parabenizou a todas as persoas galardonadas así como a iniciativa colectiva, que pón o foco nos proxectos empresariais que máis o merecen". Na súa intervención, animou á veciñanza a "tomar consciencia" á hora de "escoller onde mercar, a que empresa chamar ou que producto seleccionar".
"Estes premios deben servir para que a nosa veciñanza e o tecido socioeconómico en conxunto tome consciencia do significado das súas escollas mercantís, do que nos xogamos cando eliximos onde mercar, a que empresa chamar ou que produto seleccionar", afirmou na clausura do acto.
Nun contexto en que o goberno local quere protexer o comercio local e, para iso, acaba de aprobar a suspensión de licenzas e comunicacións previas para determinados establecementos vencellados ao turismo, Goretti Sanmartín defendeu que "nun mundo globalizado no que as grandes corporacións multinacionais marcan os ritmos, é máis importante ca nunca coidar e apoiar as pequenas e medianas empresas arraigadas no territorio e vencelladas coa sociedade que as sustenta".
Durante o seu discurso, eloxiou as pequenas empresas que "atesouran o coñecemento máis minucioso e atinado do seu espazo de negocio" e aquelas que "logran adaptarse ás necesidades cambiantes, incorporar innovación e ofrecer produtos de calidade". Tamén se fixou no sector servizos (hostelería, o sector cultural) e destacou o papel dos autónomos .
"No sistema económico galego, e tamén no compostelán, as pequenas e medianas empresas son as máis significativas desde o punto de vista do emprego e da súa calidade", defendeu Goretti Sanmartín, quen proclamou que "polo tanto, neste sector, é onde as administración públicas debemos centrar o noso apoio, creando condición adecuadas para que poida competir".
A alcaldesa de Santiago defendeu a "dinamización da economía e apostar polo mundo da empresa". "As administración públicas debemos crear as condición adecuadas para que poidan competir, como solo industrial ou locales con prezos accesibles", manifestou, antes de reivindicar que o propio goberno local actúa mesa liña "intentando que haxa ese uso comercial na cidade histórica".
Premios
A empresa Citanias Obras y Servicios, S.L.U, dedicada á realización de reformas en establecementos comerciais, construción de edificacións, obra civil e instalacións e mantemento preventivo e correctivo das edificacións, recibiu o Premio Peme do Ano 2024 da Coruña, concedido por Banco Santander e as Cámaras de Comercio de Santiago de Compostela e A Coruña, en colaboración coa Cámara de España e o diario La Voz de Galicia.
O accésit de Internacionalización outorgouse a Genesal Energy IB, S.A; o Accésit de Innovación e Dixitalización recaeu na empresa Gabadi, S.L.. Gañadora do Premio na edición de 2022; o accésit de Formación e o Emprego concedeuse a Suministros Técnicos Galicia, S.L.; e o accésit de Empresa Sostible foi para Recinor Gestión de Residuos, S.L.