• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Premio PEL: premios ás iniciativas empresariais transformadoras da provincia (PEL-EPR PREMIO)

Data de escritura

A Deputación da Coruña convoca a sexta edición dos Premio PEL: premios ás iniciativas empresariais transformadoras da provincia (PEL-EPR PREMIO), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) co que se pretende recoñecer ás iniciativas empresariais transformadoras da provincia da Coruña, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.

Premios PEL 2024

Concederanse un total de catro galardóns por un importe total de 72.000 euros outorgándose 18.000 euros a cada categoría. As catro categorías dirixidas a pemes, microempresas e profesionais autónomos/as son as seguintes:

1ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa nova. Destinada a recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial nas anualidades 2023 ou 2024.

2ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa consolidada. Destinada a recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial durante a anualidade 2019 ou con anterioridade.

3ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa verde Destinada a recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, asociacións e clústers empresariais e concellos que conten con proxectos que teñan por obxectivo a transición ecolóxica e enerxética, a loita contra o cambio climático, a agricultura sostible, a protección do medio ambiente, a preservación da biodiversidade, a economía circular e/o o uso eficiente dos recursos.

CATEGORÍA A PROPOSTA DO XURADO: premio á mellor iniciativa do rural. Sen postulación previa de candidaturas.

A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación, a través da plataforma Subtel.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 18 de xuño ás 14.00 horas.

Pode consultar as bases e a convocatoria publicadas no BOP tanto na plataforma Subtel como na páxina web dos Premio PEL: https://pel.gal/premio