• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade defende un urbanismo máis sustentable e unha mellora da calidade de vida das persoas que habitan os centros históricos

Unha delegación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, encabezado pola presidenta do Grupo e alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, está a asistir ao XVII Congreso Mundial da Organización das Cidades do Patrimonio Mundial, que se celebra en Córdoba até o 27 de setembro, baixo o título 'Simposio sobre a Habitabilidade dos Centros Históricos. Cara a un novo proxecto urbano (2022-2026)'.

O edificio do Cersia acollerá o 25 de maio unha xornada sobre compostaxe

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, explicou que esta xornada está pensada "para todas aquelas persoas que desexen aprender, adquirir coñecementos, mellorar a xestión da materia orgánica e as boas prácticas ambientais e resolver dúbidas que se poidan ir xerando ao xestionar os composteiros individuais".

Iago Lestegás destaca na apertura do simposio "Urban Solutions" o compromiso do Concello de Santiago coa sustentabilidade urbana

No discurso de apertura deste encontro destacou o reto de crear "espazos públicos de calidade que contribúan ao benestar das comunidades locais". "O urbanismo xoga un papel innegable no benestar das persoas e os efectos que o medio físico produce sobre a saúde non poden ser ignorados á hora de deseñar e construír os lugares que habitamos", explicou.

As Cidades Patrimonio fan un chamamento á colaboración das administracións para dar resposta a grandes retos en materia de vivenda, rehabilitación e sustentabilidade urbana

A Cidade de Segovia acolleu a clausura das xornadas "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade". Segundo a alcaldesa de Segovia e vicepresidenta do Grupo, Clara Martín, "entre os nosos retos destacan a xeración de vivenda pública; os prezos da vivenda, xerar unha mobilidade sustentable e promover un control de turismo que non bote aos residentes.

A Oficina de Promoción Económica do Concello lanza "Compostela Móvese 2022", un ciclo de actividades formativas centrado na mellora empresarial da contorna e dirixido a empresas e profesionais

Para isto, a Oficina de Promoción Económica oferta un ciclo de actividades formativas, coa finalidade de asentar os procesos de mellora empresarial e emprendemento nos valores diferenciais do tecido socioeconómico do Concello.

O programa combina formacións presenciais con teleformacións, acceso a recursos formativos adicionais para cada ciclo dentro dunha plataforma formativa, sesións de titorización individual, boletíns de alertas sobre oportunidades e tendencias no mercado e participación en foros temáticos.

O Maker Faire Galicia 2022 presentará un programa híbrido na súa oitava edición, que terá lugar entre o 1 ao 5 de xuño

A Cidade de Cultura acollerá entre o 1 e o 5 de xuño este evento no que participarán arredor de 200 makers con máis de 60 proxectos, e terán lugar máis de 40 obradoiros, tanto en liña como en formato presencial. Esta edición achegará o que pode ser o mundo 5.0, que ten que ver sobre todo coa sustentabilidade do planeta e o benestar das persoas. Así, algunhas das temáticas deste ano serán o emprendemento consciente, a saúde mental, a economía social, as tecnoloxías accesibles ou a innovación social.

Austeridade e sustentabilidade, alicerces para o futuro inmediato

Ademais, un 66% dos enquisados manifesta abertamente que quere que baixe o consumismo, un 62% asegura que se reformulou as súas necesidades e un 64% afirma de forma clara que cos seus actos de consumo quere ser máis respectuoso co medio ambiente. Deste xeito, do conxunto de datos pódese deducir que a sustentabilidade, que non implique un incremento significativo do gasto económico, crecerá.

A descarbonización do transporte é unha oportunidade para a economía española

Ás veces pérdese de vista que o cambio climático é unha oportunidade para facer as cousas mellor. Descarbonizar un sector de gran impacto climático e tan contaminante como é o do transporte supón un reto, pero este estudo demostra que con vontade política, investimentos en infraestrutura, en novas tecnoloxías, etcétera, pódese xerar emprego, reducir emisións e contaminación e mesmo reducir custos para o consumidor