• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Praza de Abastos premia a fidelidade da clientela nos seus “80 anos alimentando Compostela”

A Praza de Abastos está a entregarlle á súa clientela diferente material promocional, no marco da campaña “80 anos alimentando Compostela”. Así, presentando tickets de compra de máis de 25 euros, as consumidoras poderán levar unha friameira conmemorativa; mentres que o agasallo para as persoas que mostren tickets de máis de 15 euros serán bolsas de malla reutilizables para realizar a compra. 

A Xunta de Goberno aproba o inicio do expediente para a contratación das obras de reforma da Praza de Abastos

As obras de reforma da Praza de Abastos, "moi necesarias e solicitadas dende hai tempo", como indicou a rexedora, actuarán fundamentalmente sobre as marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central. Contan cun orzamento base de licitación de 518.710,53 € (base impoñible de 428.689,39 € máis IVE do 21% de 90.024,14 €) e adxudicaranse seguindo o procedemento aberto simplificado, de acordo co artigo 159 da LCSP.