• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os Bonos Corazón adiantan a súa chegada: 450.000 euros para incentivar o consumo no comercio e na hostalería locais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, apuntou que a campaña chega este ano con dúas novidades: un incremento orzamentario de 17.000 euros con respecto a 2023, e a mudanza nas datas. Ao respecto, a tenenta de alcaldesa explicou que "atendimos á demanda dos colectivos de comerciantes, que solicitaron que os Bonos Corazón se centralizaran no mes de novembro".

Mañá arranca a nova edición de Prima, a "festa do comercio local" para dinamizar a actividade comercial nos diferentes barrios da cidade

A festa do comercio local celebrará a súa cuarta edición os días 14 e 15 de xuño, cun amplo programa de dinamización que chegará a diferentes espazos da cidade. Así, na tarde do venres 14 haberá diferentes pasarrúas: na zona vella correrá a cargo da banda Tanto nos ten; Pulpiño Viascón levará o seu show itinerante "A Trikidisco" por Conxo e Pontepedriña; e na zona de Concheiros e San Pedro atoparémonos coa montaxe "O estrano caso do dentista da rúa Blasov", de Troula Animación.

Medio cento de marcas participan en "Sabor a novo", un evento "para poñer en valor a artesanía galega e o comercio local"

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou esta mañá o evento "Sabor a novo", nunha rolda de prensa na que tamén participaron a súa organizadora e directora de Correveydile, Mónica Mejías; a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; e a xerente do Pazo de San Lourenzo, Charo Barca.

A Rede de Centros Socioculturais converte o comercio de Santiago no "Museo máis pequeno da cidade"

"O museo máis pequeno da cidade" é unha iniciativa da Concellaría de Centros Socioculturais, que parte dunha idea orixinal da artista catalá Noemí Batllorí. Tal e como explicou o concelleiro Xan Duro, "o obxectivo é encher Santiago de pequenos museos con entrada de balde, sen aglomeracións e sen colas, nos que ademais se poderán admirar obras realizadas polos veciños e veciñas de Compostela".

O alcalde de Santiago recibe a nova presidenta da Cámara de Comercio, María Pais

Nesta primeira toma de contacto entre a recén nomeada María Pais e o rexedor, fíxose un repaso por algúns dos temas prioritarios para reforzar o tecido empresarial da cidade. Durante o encontro, o alcalde reiterou o seu compromiso para acadar unha simplificación administrativa na xestión de licenzas e outros trámites e para seguir avanzando na mellora de infraestruturas estratéxicas como o Orbitaliño ou a Estación Intermodal e dos servizos públicos como a xestión da auga ou o transporte público.

Os Bonos Corazón Concheiros xeraron un ingreso de máis de 200.000 euros nos establecementos da zona

A campaña lanzada polo Concello de Santiago para impulsar o comercio e a hostalería do barrio de San Pedro-Concheiros sáldase desta maneira cuns "datos magníficos", segundo cualificou o rexedor, que se amosou moi satisfeito pola "notable contribución desta iniciativa á dinamización comercial desta zona", cuns resultados "mesmo máis favorables do que esperabamos".

A Oficina de Promoción Económica lanza un ciclo formativo online centrado nas necesidades da economía COVID dirixido á hostalería, comercio e empresas culturais

A Oficina de Promoción Económica oferta un ciclo de actividades de formación online para a mellora empresarial e a dinamización da actividade económica de setembro a decembro de 2021. O programa componse dun ciclo de accións formativas en diferentes sectores, sesións de titorización individual, acceso a recursos formativos adicionais para cada ciclo e un boletín de alertas sobre oportunidades e tendencias no mercado.

Publicación listaxe requerimentos Axudas Turismo 2021

Hoxe, día 8 de xuño de 2021, publícase a Resolución do Concelleiro de Turismo Relativa á Publicación de Listaxes de Solicitudes Recibidas e Requerimentos de Subsanación da “CONVOCATORIA  DE  AXUDAS  PARA  O  RESCATE  DA  RESTAURACIÓN, HOSPEDAXE E TURISMO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021”.

Máis de 1000 empresas solicitaron as axudas destinadas aos sectores comercial e hostaleiro do PRESS, o Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago

En total, presentarónse 1.125 solicitudes: 601 á convocatoria aberta para o sector hostaleiro e turístico e 524, ás axudas ao sector comercial. Sinalou o rexedor que espera que se poidan atender todas, previo control do cumprimento dos requisitos. Sánchez Bugallo lembrou que, para o sector hostaleiro, aínda está aberto o prazo das axudas directas convocadas pola Deputación, ás que xa se presentaron 474 solicitudes, "das que 427 están resoltas favorablemente".

Arranca Prima 21, a festa do comercio local

O obxectivo do programa é dinamizar o consumo á vez que se lle dá unha nota de cor e alegría á cidade coas distintas actuacións e actividades programadas. Durante o transcurso de Prima 21, os comercios poderán presentar os seus produtos e servizos nas beirarrúas sen necesidade de solicitar un permiso específico, aínda que deberán permitir o acceso aos portais de vivendas e ao tránsito peonil, para o correcto desenvolvemento desta festa.