• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os Bonos Corazón adiantan a súa chegada: 450.000 euros para incentivar o consumo no comercio e na hostalería locais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, apuntou que a campaña chega este ano con dúas novidades: un incremento orzamentario de 17.000 euros con respecto a 2023, e a mudanza nas datas. Ao respecto, a tenenta de alcaldesa explicou que "atendimos á demanda dos colectivos de comerciantes, que solicitaron que os Bonos Corazón se centralizaran no mes de novembro".

Uns 17.000 usuarios do transporte urbano estanse a beneficiar, cada día, da rebaixa do 30% en abonos multiviaxe posta en marcha polo Goberno central

Segundo as cifras aportadas por Sánchez Bugallo, "os datos de xuño e xullo do ano pasado indicaban que estabamos a un nivel de recuperación do 80%, con aproximadamente entre 21.000 e 22.000 ususarios de transporte urbano" diarios. Os últimos datos, deste mes de setembro, reflicten un número de pasaxeiros de entre 25.000 e 26.000, "un 95-97% do que era habitual en 2019", antes da pandemia. En canto a usuarios e usuarias de tarxetas de viaxe, xa se superaron as cifras anteriores á crise sanitaria da covid-19.

O Concello de Santiago rebaixa un 30% os bonos multiviaxe do bus urbano dende o 1 de setembro

O Concello de Santiago súmase á liña de axudas financiadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que permitirá reducir nun 30% o prezo dos bonos multiviaxe do bus urbano dende o 1 de setembro ao 31 de decembro de 2022, ambos incluídos.

A bonificación aplicaríase aos seguintes títulos, os empregados polo 90% das persoas usuarias do transporte urbano:

* Bono ordinario, que pasará de 0,60 euros por viaxe a 0,42 euros.

* Bono escolar, que pasar de 0,40 euros por viaxe a 0,28 euros.

Os Bonos Corazón Concheiros xeraron un ingreso de máis de 200.000 euros nos establecementos da zona

A campaña lanzada polo Concello de Santiago para impulsar o comercio e a hostalería do barrio de San Pedro-Concheiros sáldase desta maneira cuns "datos magníficos", segundo cualificou o rexedor, que se amosou moi satisfeito pola "notable contribución desta iniciativa á dinamización comercial desta zona", cuns resultados "mesmo máis favorables do que esperabamos".