Uns 17.000 usuarios do transporte urbano estanse a beneficiar, cada día, da rebaixa do 30% en abonos multiviaxe posta en marcha polo Goberno central
Segundo as cifras aportadas por Sánchez Bugallo, "os datos de xuño e xullo do ano pasado indicaban que estabamos a un nivel de recuperación do 80%, con aproximadamente entre 21.000 e 22.000 ususarios de transporte urbano" diarios. Os últimos datos, deste mes de setembro, reflicten un número de pasaxeiros de entre 25.000 e 26.000, "un 95-97% do que era habitual en 2019", antes da pandemia. En canto a usuarios e usuarias de tarxetas de viaxe, xa se superaron as cifras anteriores á crise sanitaria da covid-19.