• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago rebaixa un 30% os bonos multiviaxe do bus urbano dende o 1 de setembro

Data de escritura

Grazas a esta rebaixa o bono ordinario pasará de 0,60 euros por viaxe a 0,42 euros; o bono escolar, de 0,40 euros por viaxe a 0,28 euros; e o bono mensual, de 26 euros ao mes, a 18,20 euros. A medida entrará en vigor o 1 de setembro e aplicarase directamente ao recargar o correspondente bono, sen necesidade de ningún trámite máis.

O Concello acolleuse ás axudas do Ministerio de Transportes para realizar esta bonificación
Os descontos aplicaranse aos bonos multiviaxe

O Concello de Santiago súmase á liña de axudas financiadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que permitirá reducir nun 30% o prezo dos bonos multiviaxe do bus urbano dende o 1 de setembro ao 31 de decembro de 2022, ambos incluídos.

A bonificación aplicaríase aos seguintes títulos, os empregados polo 90% das persoas usuarias do transporte urbano:

* Bono ordinario, que pasará de 0,60 euros por viaxe a 0,42 euros.

* Bono escolar, que pasar de 0,40 euros por viaxe a 0,28 euros.

* Bono mensual, que pasa de 26 euros ao mes, a 18,20 euros.

Para desfrutar da bonificación non será preciso facer ningún trámite, máis que a recarga do bono. As persoas beneficiarias non poderán dispor de máis de 100 viaxes na tarxeta de bonificación. Por tanto, se unha tarxeta ten saldo pendente, por exemplo, de 95 viaxes, non lle permitirá realizar unha nova recarga ata que lle queden 90 viaxes, momento no que poderá facer unha recarga de 10.

Nos bonos obxeto desta subvención pódense empregar as tarxetas bono actuais, polo que non é preciso adquirir unha nova tarxeta se xa se conta cunha dos tipos mencionados (ordinario, escolar ou mensual).