• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Bonos Corazón: os establecementos poderanse adherir á campaña a partir do mércores e os bonos comezarán a descargarse o venres

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, deu conta hoxe dos prazos e condicións dos Bonos Corazón, unha vez publicadas as bases no BOP. A tenenta de alcaldesa lembrou que, como novidade, este ano haberá dúas convocatorias de axudas, a que comeza agora en maio e a que se prevé para outubro. En cada unha delas vanse repartir 300.000 euros, para sumar os 600.000 euros que os orzamentos municipais de 2025 destinan aos Bonos Corazón, 150.000 euros máis que o ano pasado.

Preséntase, no marco de Smartiago, o proxecto do primeiro vehículo eléctrico autónomo para mellorar o transporte de mercadorías e reducir o impacto ambiental na zona histórica de Santiago

Trátase, explicou o concelleiro Sindo Guinarte, do penúltimo contrato de CPI (Compra Pública de Innovación) que se adxudica. É, contiuou, "probablemente o proxecto máis innovador e que ten máis percorrido" de Smartiago. "Estamos satisfeitos de que unha empresa da solvencia de Vodafone, fóra a adxudicataria do mesmo".

O Concello e a USC organizan a III Feira de Emprendedoras do 25 ao 30 de outubro

O programa completo da Feira, que chega neste 2021 á súa terceira edición, foi presentado en rolda de prensa polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; pola vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo; e pola técnica da USC Eva López.