Resolta a convocatoria de axudas destinadas a apoiar a empresas de economía social con 27 entidades beneficiarias
Un total de 27 entidades resultaron beneficiarias das axudas destinadas a apoiar a empresas de economía social, unha convocatoria que vén de ser resolta pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e á que se destinou un orzamento de 120.000 euros. Estas subvencións queren contribuir á consolidación do tecido empresarial do noso municipio, poñendo o foco no importante ecosistema da economía social co que conta Santiago.