• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O CSC Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición "Economía social no corazón da nosa historia"

A concelleira de Promoción Económica explicou que esta mostra chega ao CSC Maruxa e Coralia "no marco do compromiso co Goberno local co apoio e fomento da economía social, un camiño que o Concello de Santiago iniciou xa en 2016 e no que queremos seguir avanzando". María Rozas sinalou que a Economía Social é, ademais, "un dos eixos vertebradores da Axenda Urbana 2030, e temos o convencemento de que Compostela é o ecosistema acaído para estas entidades, que nos ofrecen a súa resiliencia, a súa capacidade para fixar poboación, e a súa vontade de redistribución da riqueza".

O Pleno dá luz verde á segunda exposición pública da modificación do PXOM sobre a regulación de usos

A partir da súa publicación no DOG e durante o prazo de 2 meses, todas as persoas que o desexen poderán formular as alegacións oportunas sobre os cambios propostos tras unha primeira exposición pública sobre o documento aprobado de forma inicial en marzo 2021. Unha vez pechado este prazo e revisadas todas as novas alegacións, elaborarase un documento actualizado no que se integran as modificacións para proceder a continuación á súa aprobación provisional.