• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Compostela co Sur Global: as ONGDs dan conta dos proxectos que desenvolven grazas ás subvencións do Concello de Santiago

"Compostela máis solidaria" é unha proposta de sensibilización arredor das realidades migrantes que forman parte da nosa contorna e das que, como sociedade, non sempre somos conscientes. Nesta edición, o programa pón o foco na necesidade de termos información veraz e de primeira man fronte aos bulos, que no que tén que ver coa cooperación e a poboación migrante adoitan traducirse en máis intolerancia.

“DESEÑA O TEU MPV (PRODUTO MÍMINO VIABLE) DIXITAL CON AGILE”

O principal obxectivo desta xornada é que os participantes estean equipados cos coñecementos e as ferramentas necesarias para deseñar e desenrolar un MPV dixital de maneira áxil, permitíndolles responder de maneira rápida e efectiva ás necesidades cambiantes dos usuarios e maximizar as posibilidades de éxito comercial na contorna dixital actual.

Esta xornada está dirixida a:

A Casas das Asociacións será a sede dunha xornada sobre Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e calidade de vida

Esta Xornada contará coa presenza de Maribel Martínez de Murguía, Campioa Olímpica, para falar de Cidade e Valores; con Leire Iriarte, desarrolladora do ODS 18 (Políticas de Felicidade) e con Jorge Arévalo, experto en Urbanismo e Xestión Comunitaria e celebrarase o próximo 15 de novembro entre as 09:30 e as 14:00h na Casa das Asociacións de Cornes. O evento poderá seguirse en formato streaming ou presencial, ambas as dúas previa inscrición a través do correo electrónico relacionsvecinais@santiagodecompostela.gal.

Participa na 3ª edición da Game Maker Jam

Por que Game Jam? Este termo provén das palabras “game” (xogo) e “jam” que fai referencia ás “jam sessions” ou sesións musicais que están na súa maior parte improvisadas. Na Game Maker Jam o obxectivo é a creación de prototipos de videoxogos de forma libre, novidosa e case improvisada. A primeira Game Jam tivo lugar en 2002 da man de Chris Hecker e Sexan Barrett como un evento de deseño e programación de xogos para fomentar a experimentación e a innovación na industria do videoxogo.

Remata a formación sobre innovación avanzada para traballadores municipais no marco de Smartiago

Esta formación achegou ao persoal municipal participante os coñecementos prácticos para a definición de retos e obxectivos innovadores dentro dos seus servizos e áreas, habilitounos para axilizar o seu traballo nos proxectos nos que traballan actualmente, ademais de fomentar un modelo de traballo colaborativo entre as distintas áreas nas que se organiza o Concello.

O alcalde e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda constatan a boa marcha do polígono da Sionlla

O rexedor amosouse moi satisfeito coa marcha do polígono, con preto de 50 licenzas outorgadas polo concello. "Hoxe mesmo se deron dúas na Xunta de Goberno", unha tónica nas últimas xuntanzas do executivo local, que está concedendo "unha ou dúas cada luns". Sánchez Bugallo indicou que "quedan 47 parcelas dispoñibles para seguir medrando", e puxo en valor un polígono que, unha vez que conte con todas as conexións "será excepcional, aínda que xa o é".

Resumo do " Realdecreto-lei 11/2021, de 27 de maio, sobre medidas urxentes para a defensa do emprego, a reactivación económica e a protección dos traballadores autónomos "

 O real decreto-lei inclúe nove artigos, distribuídos en dous títulos, sete disposicións adicionais, dúas disposicións transitorias, cinco disposicións finais e un anexo.

 TÍTULO I

V Acordo Social en Defensa do Emprego

 Artigo 1.- Prórroga dos expedientes de regulación temporal de emprego de forza maior baseados en causas relacionadas coa situación pandémica e medidas extraordinarias en materia de cotización.

As solicitudes das axudas ao sector da hostelería, restauración e turismo poden solicitarse dende mañá martes 11 de maio

 

 

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O RESCATE DA RESTAURACIÓN, HOSPEDAXE E TURISMO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021 cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.pap.facenda.gob.é/bdnstrans/GE/é/convocatorias):