• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

“DESEÑA O TEU MPV (PRODUTO MÍMINO VIABLE) DIXITAL CON AGILE”

Data de escritura

O vindeiro venres, 14 de xullo, en horario de 12:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, en formato online a xornada gratuíta:

“Deseña o teu MPV (produto mínimo viable) dixital con Agile”

Durante o seminario, destacaranse as vantaxes de adoptar un enfoque áxil para o deseño de MPVs dixitais, como o tempo reducido de desenvolvemento, a optimización de recursos e a posibilidade de obter retroalimentación anticipada dos usuarios.


 

Deseña o teu MPV dixital (produto mínimo viable) con Agile

O principal obxectivo desta xornada é que os participantes estean equipados cos coñecementos e as ferramentas necesarias para deseñar e desenrolar un MPV dixital de maneira áxil, permitíndolles responder de maneira rápida e efectiva ás necesidades cambiantes dos usuarios e maximizar as posibilidades de éxito comercial na contorna dixital actual.

Esta xornada está dirixida a:

  • Persoas emprendedoras e StartUps.
  • Persoas autónomas e profesionais que queiran lanzar con éxito novas propostas ao mercado.
  • Pymes, Micropymes e Empresas do territorio que queiran deseñar novos modelos ou liñas de negocio.

A sesión será impartida por Jesús Tapia, destacado profesional de negocios cunha ampla experiencia internacional na industria de servizos de mobilidade e nos ecosistemas de innovación e startups.