• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Casas das Asociacións será a sede dunha xornada sobre Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e calidade de vida

Data de escritura

Unha campiona olímpica, un experto en urbanismo comunitario e unha experta en felicidade achegarán a súa visión sobre o modelo de cidade nunha xornada, que terá lugar o próximo 15 de novembro na Casa das Asociacións de Cornes. O evento, organizado polo Concello de Santiago e a Fundación Kaleidos.Red, está aberto á participación da cidadanía previa inscrición.

Xornada de Kaleidos 15 de novembro de 2022

Esta Xornada contará coa presenza de Maribel Martínez de Murguía, Campioa Olímpica, para falar de Cidade e Valores; con Leire Iriarte, desarrolladora do ODS 18 (Políticas de Felicidade) e con Jorge Arévalo, experto en Urbanismo e Xestión Comunitaria e celebrarase o próximo 15 de novembro entre as 09:30 e as 14:00h na Casa das Asociacións de Cornes. O evento poderá seguirse en formato streaming ou presencial, ambas as dúas previa inscrición a través do correo electrónico relacionsvecinais@santiagodecompostela.gal.

O obxectivo do encontro é reflexionar sobre como desde a Administración Local, e nun marco de gobernanza e novos modos de participación e implicación cidadá, pode darse unha resposta axeitada ás esixencias dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a Axenda 2030. Esta Axenda é o Gran Contrato Social do Século XXI e incide directamente na contorna máis próxima.

A vida nas nosas cidades, a calidade de vida e o legado que facilitemos a posteriores xeracións vén determinado polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A pregunta é como socializar, como facer partícipe, como implicar á cidadanía no coñecemento e desenvolvemento da Axenda 2030.

Para responder a esta pregunta, a Rede Kaleidos presentará as liñas dunha guía que sirva para marcar pautas, estratexias e accións para facelo de maneira eficaz. Tamén, aplicada de maneira recorrente no tempo, daranos un Informe de Progreso sobre as políticas públicas aplicadas nesta materia.

Esta Xornada de traballo contará coa presenza de responsables políticos e técnicos de diferentes puntos de España. Ademais, os diferentes concellos que son actualmente motores desta Rede- Alacante, Bilbao, Xetafe, Málaga, Sant Boi de Llobregat, Santiago de Compostela, Valencia e Vitoria-Gasteiz, exporán proxectos referenciales desenvolvidos nas súas respectivas cidades. Trátase desta forma de transferir e recoller experiencias exitosas, que polo seu carácter innovador dan respostas a demandas concretas da cidadanía.

Documentos relacionados