• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Remata a formación sobre innovación avanzada para traballadores municipais no marco de Smartiago

Data de escritura

Un total de 14 traballadoras e traballadores municipais do Concello de Santiago remataron onte a actividade formativa sobre innovación avanzada que se desenvolveu no marco do proxecto Smartiago.

Foto de familia

Esta formación achegou ao persoal municipal participante os coñecementos prácticos para a definición de retos e obxectivos innovadores dentro dos seus servizos e áreas, habilitounos para axilizar o seu traballo nos proxectos nos que traballan actualmente, ademais de fomentar un modelo de traballo colaborativo entre as distintas áreas nas que se organiza o Concello.

Foi un curso cun contido práctico moi elevado que habilitou en novas capacidades de creación de proxectos innovadores a todos os participantes, axudando a mellorar a calidade e o impacto dos proxectos innovadores que se leven a cabo desde o Concello de Santiago de Compostela.

O obxectivo final do curso era que cada grupo de traballo fose quen de artellar cadanseu proxecto de innovación susceptible de ser desenvolto pola propia entidade local. Para iso as persoas  participantes identificaron retos de innovación no seu ámbito de traballo e lograron estruturar tres proxectos innovadores con capacidade para ser levados a termo. Os proxectos deseñados son os seguintes:
1. Rexeneración urbana para atracción de poboación ao centro e casco histórico da cidade.
2. Atracción de talento e empregos de alto valor engadido enfocado no deseño e definición dun espazo maker para desenvolvemento de innovacións.
3. Sistematización de procesos para lograr o paso dun Concello lineal a un Concello baseado na economía circular.

Ademais, os proxectos que se deseñaron, realizáronse tendo en conta que sexan susceptibles de aproveitar as novas vías de financiación europeas, como os fondos de recuperación e Next Generation, que se xestionarán desde as entidades locais.

COFINANCIAMENTO FEDER
O proxecto Smartiago desenvólvese en virtude a un convenio de colaboración da Línea FID (Fomento de la Innovación desde la Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela e está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
Tamén está cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) nun 10%.