https://santiagodecompostela.gal/gl/noticias/goretti-sanmartin-e-maria-rozas-reafirman-o-compromiso-do-goberno-coa-economia-social-na
Goretti Sanmartín e María Rozas visitaron a nova sede de EspazoCoop, unhas instalacións compartidas con outras entidades como a Coordinadora Galega de ONGDs, Banca Ética Fiare, Coop57 e a Rede Galega contra Pobreza

Desta maneira, nese espazo están representadas case 800 entidades que, tal e como destacan desde EspazoCoop, simbolizan unha nova forma de traballar en rede, desde a cooperación e a suma de esforzos para avanzar cara unha sociedade máis xusta e equitativa.
Na xuntanza, a alcaldesa e a tenenta de alcaldesa reiteraron a vontade do Goberno de seguir colaborando coas entidades de economía social, un dos eixos vertebradores da Axenda Urbana 2030, especialmente neste 2025 no que se celebra o Ano Internacional das Cooperativas. O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Promoción Económica, tén en marcha diversas accións de promoción, visibilización e apoio á economía social e ao cooperativismo, como as subvencións ás empresas de economía social. Este ano, esas axudas contaron cun orzamento de 120.000 euros e beneficiaron a 27 entidades.