María Rozas visibiliza en Maravalla o compromiso social do comercio local de Santiago
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, deu conta hoxe das actividades que se están a desenvolver este mes no marco da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, acompañada de Ana Porto, responsable de Maravalla, e de Olaia García, directora do Refuxio de Bando. A tenenta de alcaldesa explicou que “repetimos unha colaboración que tivo moi bos resultados na primeira edición da campaña, o ano pasado, e que nos permite dar a coñecer un pouco máis o traballo que se desenvolve no Refuxio”.