• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xunta de Goberno aproba o inicio do expediente para a contratación das obras de reforma da Praza de Abastos

As obras de reforma da Praza de Abastos, "moi necesarias e solicitadas dende hai tempo", como indicou a rexedora, actuarán fundamentalmente sobre as marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central. Contan cun orzamento base de licitación de 518.710,53 € (base impoñible de 428.689,39 € máis IVE do 21% de 90.024,14 €) e adxudicaranse seguindo o procedemento aberto simplificado, de acordo co artigo 159 da LCSP.

Novos deberes para os entes de promoción turística

Así o sostén  European  Cities Márketing (ECM), asociación que reúne ás principais oficinas de turismo e  convention  bureau de cidades europeas, que en 2017 lanzou o seu “Manifesto sobre o futuro das  DMO ( Destination Márketing  Organization)" , no que insta as oficinas de turismo a non limitarse á promoción, senón a adoptar incluso un papel de liderado na xestión integral do destino.

A Cámara e o Concello de Santiago asinan un acordo para organizar conxuntamente actuacións destinadas a fomentar o emprendemento e a internacionalización

Ambas entidades ofrecerán conxuntamente servizos de información, asesoramento e titorización de proxectos empresariais para contribuír á posta en marcha de novas actividades empresariais, incidindo de modo especial na súa sustentabilidade e competitividade ao longo tempo. Desenvolveranse actuacións destinadas a emprender e xestar ideas empresariais, a desenvolver e crear estas empresas e finalmente procurar a súa consolidación. Ademais, inclúese un apartado destinado a organizar accións enfocadas á transmisión e cese da actividade empresarial.