• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

María Rozas reivindica “unha economía ao servizo das persoas e do planeta” na inauguración da VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela

A Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela celébrase na Facultade de Química, e nesta edición pon o foco na saúde e no benestar das persoas. Para iso, na xornada participan mulleres emprendedoras, investigadoras, profesionais da saúde, divulgadoras; mulleres que loitan no día a día por constituír unha sociedade mais xusta e cun modelo económico que integre no seu ADN verdadeiros valores feministas. Tamén estarán representadas entidades comprometidas co coidado das persoas e con principios de igualdade, xustiza social e feminismo

O Pleno aproba unha declaración institucional polo Ano Internacional das Cooperativas 2025

Con este motivo, e como institución comprometida co fomento da economía social e o cooperativismo o Concello aprobou por unanimidade unha declaración que pon o foco en que é posible combinar progreso económico, responsabilidade social, e sostibilidade ambiental apostando polo modelo do cooperativismo.

O acordo aprobado en pleno recolle que:

Aberto ata o 1 de outubro o prazo para presentar candidaturas aos IV Premios á Excelencia Empresarial

Os Premios á Excelencia Empresarial nacen co fin de premiar ás empresas que se distinguen polas súas boas prácticas no eido da conciliación, economía circular, aplicación da innovación e ciencia no modelo de negocio, a comercialización de produtos e servizos culturais, o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda Urbana 2030, o desenvolvemento da economía social e a retención do talento. Cada categoría contará cun premio por importe de 6.000 euros, e haberá ademais tres mencións especiais por importe de 2.000 euros cada unha delas. 

O Concello de Santiago celebra o Ano Internacional das Cooperativas reafirmando o seu compromiso “cun modelo económico máis xusto e igualitario”

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, foi a encargada de clausurar o acto. Na súa intervención, a rexedora comparou o cooperativismo coa unión de pequenos fíos que se van facendo fortes e van creando rede. “Esa é unha das maneiras que temos de traballar, horizontal, unha maneira en que todas as persoas teñen os mesmos dereitos e as mesas capacidades, unha maneira de traballar diferente”, manifestou a rexedora. 

María Rozas visibiliza en Maravalla o compromiso social do comercio local de Santiago

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, deu conta hoxe das actividades que se están a desenvolver este mes no marco da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, acompañada de Ana Porto, responsable de Maravalla, e de Olaia García, directora do Refuxio de Bando. A tenenta de alcaldesa explicou que “repetimos unha colaboración que tivo moi bos resultados na primeira edición da campaña, o ano pasado, e que nos permite dar a coñecer un pouco máis o traballo que se desenvolve no Refuxio”.

“Un modelo económico arredor dunha vida saudable”, lema da VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela

 Ao longo do evento crearase unha rede de coñecemento e inspiración arredor da innovación, o emprendemento, a ciencia, a saúde e  a sustentabilidade. Para iso, na xornada participarán mulleres emprendedoras, investigadoras, profesionais da saúde, divulgadoras; mulleres que loitan no día a día por constituír unha sociedade mais xusta e cun modelo económico que integre no seu ADN verdadeiros valores feministas. Tamén estarán representadas entidades comprometidas co coidado das persoas e con principios de igualdade, xustiza social e feminismo

Xa se poden retirar as entradas para a xornada “Transformando a cidade desde o cooperativismo”

As entradas para asistir á xornada “Transformando a cidade desde o cooperativismo son de balde, e pódense retirar na Zona C hoxe sábado e o próximo martes 23, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. 

Comeza “Artesanamente”, un mercado que reivindica o valor cultural, social e económico da artesanía

Na súa intervención no acto de inauguración de “Artesanamente”, a alcaldesa enmarcou o impulso deste mercado desde o Concello “na aposta por un novo modelo máis sustentable, que conecte os mundos rural e urbano, que mostre que se pode vivir máis lento, e que é posible un turismo diferente que afonde na nosa identidade”. Para Goretti Sanmartín, “esta é a maior transformación social que debemos impulsar, unha transformación que tamén tén que ver coa igualdade porque moitas das marcas presentes no mercado son iniciativas de traballo feminino”.

O Pleno debatirá ampliar as bonificacións do IBI e do ICIO para as promocións públicas e gravar máis as vivendas desocupadas de propietarios con catro ou máis inmobles

A proposta de ordenanza recolle que o aumento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) que o Concello aplicará ás vivendas baleiras afectará unicamente “a aquelas que levan máis de dous anos desocupadas sen causa xustificada e que pertencen a propietarios con catro ou máis inmobles”. Esta medida, como explicou o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, “está encamiñada a mobilizar o parque de vivendas existente".