• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolución da concesión da convocatoria 2024 de Axudas destinadas a Apoiar ás Empresas de Economía Social de Santiago de Compostela 2024

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 31  de decembro de 2024 adoptou o seguinte
acordo:
Concesión da Convocatoria de Axudas destinadas a Apoiar ás Empresas de Economía Social de Santiago de Compostela 2024.

Pódese consultar a totalidade do acordo no documento adxunto en PDF

 

Santiago presenta un proxecto de 20 millóns de euros para transformar o norte da cidade con equipamentos e proxectos de mellora ambiental, urbana, social e cultural

As actuacións responden a necesidades funcionais e xerarán contornas máis habitables, resilientes e socialmente equitativas, contribuíndo de maneira significativa aos desafíos que propón a Axenda Urbana “Esperamos poder conseguir a maior cantidade posible dos fondos solicitados, destes 12 millóns para un investimento de 20 e agardamos con iso poder dar un salto nunha transformación que sen lugar a dúbidas será crucial para Compostela”, proclamou Goretti Sanmartín.

O Concello destina tres millóns de euros ao fomento da inserción laboral en sectores estratéxicos a través do programa Minerva

Oproxecto está dirixido de maneira prioritaria aos colectivos vulnerables e con maiores dificultades de inserción, isto é, as mulleres, as persoas paradas de longa duración, inmigrantes, persoas con discapacidades e menores de 30 anos. A tenenta de alcaldesa sinalou que “cumprimos así o obxectivo fixado no V Pacto Local polo Emprego asinado a comezos de 2024, e respondemos á realidade laboral, na que os menores e as mulleres presentan taxas de desemprego máis altas e empregos de peor calidade”.

O goberno de Santiago pecha un acordo de orzamentos para 2025

Así, o executivo local explica que se trata dun orzamento que se achega aos 146 millóns de euros. Os gastos correntes ascenden a uns 133 millóns e os investimentos reais sitúanse nos 13 millóns. Complementariamente ao orzamento, preparouse un expediente modificativo para achegar algo máis doutro millón de euros. 

O goberno de Sanmartín anuncia que se presentará en 2025 á nova EDIL para recuperar a vitalidade e a calidade ao norte do concello

Entrando en materia, a rexedora indicou como obxectivo máis inmediato contar cun novo orzamento, ao respecto do cal dixo que está aberta a negociación co Grupo Socialista e sobre o que manifestou que agarda contar co apoio para sacalo adiante. Neste sentido, confirmou que o goberno está estudando os últimos intercambios de propostas co fin de aprobar canto antes o documento no Pleno.

Resolución da convocatoria 2024 da Concesión III EDICIÓN DOS PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 31 de decembro de 2024 adoptou o seguinte
acordo:
Concesión da convocatoria 2024  premios III EDICIÓN DOS PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA.

Pósede consultar a totalidade da información da concesión dos premios no arquivo adxunto en pdf

Resolta a convocatoria de axudas destinadas a apoiar a empresas de economía social con 27 entidades beneficiarias

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, lembrou que “en Compostela vimos facendo unha aposta clara por políticas municipais que fomenten a economía social, atendendo ás recomendacións da Axenda Urbana 2030, e desde o convencemento de que debemos afianzar un modelo que promove valores de cooperación, solidariedade e inclusión social e que, ao tempo que xera empregos e riqueza, contribúe a mellorar a calidade de vida da xente”.

Entidades beneficiarias