• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

“Un modelo económico arredor dunha vida saudable”, lema da VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela

Data de escritura

A Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela celebra a súa sétima edición na vindeira semana, co obxectivo de repensar a economía desde unha nova perspectiva que pon o foco na saúde e no benestar das persoas. A xornada organizada polo Concello, a través do departamento de Promoción Económica, e a Universidade de Santiago, desenvolveráse o próximo 26 de setembro na facultade de Química.

A VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela explorará como construír un modelo económico sostible, que xire arredor dunha vida saudable e poña no centro ás persoas e a súa calidade de vida

A VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela explorará como construír un modelo económico sostible

 Ao longo do evento crearase unha rede de coñecemento e inspiración arredor da innovación, o emprendemento, a ciencia, a saúde e  a sustentabilidade. Para iso, na xornada participarán mulleres emprendedoras, investigadoras, profesionais da saúde, divulgadoras; mulleres que loitan no día a día por constituír unha sociedade mais xusta e cun modelo económico que integre no seu ADN verdadeiros valores feministas. Tamén estarán representadas entidades comprometidas co coidado das persoas e con principios de igualdade, xustiza social e feminismo

A VII Feira das Emprendedoras de Compostela celebrarase o 26 de setembro na Aula Magna da Facultade de Química. A xornada inagurarase ás 10.00, nun acto no que participarán a tenenta de alcaldesa, María Rozas; o director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, José Luís Villaverde; e o decano da Facultade de Química, Jesús Sanmartín Matalobos.

Na sesión matinal haberá dúas mesas redondas. A primeira delas reflexionará sobre o “Entorno Médico e Científico, Empresas Innovadoras e Economía ao servizo da saúde”, e nela participarán Susana Torrente Vilasánchez, técnica de xestión de patentes en áreas de farmacia e química-médica da USC e asesoramento en protección de invencións Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC; Carme Pampín, co fundadora e directora executiva de Galchimia; Nieves Rodríguez Brisaboa, presidenta da Asociación Larlilás, e María Seoane Ramil, Senior Board & M&A Advisor, Biotech Entrepreneur of the Year 2024 e membro da Xunta Directiva de Bioga.

A segunda mesa de debate versará sobre saúde mental, e intervirán Noelia Villaverde Rozas Latento, do Servizo Integral Altas Capacidades; Area López Varela, neuropsicóloga en FEAFES; Taida Sánchez Rego, neuropsicóloga en AGADEA e responsable dos servizos de prevención e familias nas Áreas de Santiago de Compostela e A Estrada de AGADEA; Mª Carmen González Hermo, vicesecretaria do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e coordinadora no Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), e a psicóloga infantil Violeta Cruz.

Pola tarde está prevista outra mea redonda sobre “Alimentación consciente, deporte preventivo, saúde e benestar”, coa intervención da creadora dixital Nuska Chousa; o xefe de innovación e director de proxectos de Lucía Freitas, Toni Fernández; a CEO e co fundadora de Tastelab, Maruxa García Quiroga; a adestradora persoal de Reset, Uxía Parcero; e Noemi Sanmartín Rodríguez Abeiratúa, da Asociación para acompañar e mellorar os procesos de cancro con exercicio físico.

A VII Feira das Emprendedoras de Compostela rematará coa presentación do libro “Mirar de frente”