• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Revitalizando a tradición: a Xornada da Maker Faire Galicia para conectar cos oficios e as novas xeracións

O obxectivo principal desta xornada é resaltar a relevancia e o potencial dos oficios tradicionais, demostrando como se poden adaptar e modernizar sen perder a súa esencia. A Xornada de Oficios incluirá charlas de expertos e referentes do sector, mesas redondas e espazos interactivos, onde se explorarán temas como a innovación, a experimentación con novos materiais e a importancia das redes para revitalizar estes sectores.

Charlas destacadas

Conclúe a primeira Maker Faire Galicia híbrida da historia tras cinco xornadas de altísimo nivel

A oitava edición da Maker Faire Galicia destacou tanto polo grado de innovación dos proxectos presentados coma pola calidade dos relatorios ou a gran oferta de obradoiros. As xornadas contaron con máis de 10000 visitantes, tanto virtuais como presenciais, durante as 5 xornadas que durou o evento.

Ademais, durante as 5 xornadas que durou o evento, celebráronse 3 competicións de proxectos, unha no ámbito da industria e as startups, outra no educativo e a última na xornada de portas abertas.

A Maker Faire Galicia anuncia un avance do programa e os primeiros hits para a súa 8ª edición, que se celebrará en formato híbrido do 1 ao 5 de xuño no Museo Gaiás

Tras o peche do "call for makers" ou chamada a proxectos o pasado xoves 31 de marzo, a organización confirma que foron seleccionados 60 proxectos tanto a nivel autonómico como nacional ou internacional, cos que os asistentes poderán interactuar ao longo das cinco xornadas que dura o evento.

Entre os primeiros relatores destacados desta edición atopamos referentes tanto nacionais como internacionais nos ámbitos das startups, a educación STEAM, a saúde mental, a inclusión ou a innovación social.

Santiago acolle do 3 ao 7 de xullo a quinta edición da feira de creación e innovación Maker Faire Galicia

As xornadas profesionais da Maker Faire Galicia terán lugar o 3, 4 e 5 de xullo no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia. O obxectivo destas xornadas é achegar ás empresas o potencial que ofrece o ecosistema maker e xerar novas sinerxias entre as dúas comunidades. Ao igual que na edición anterior, a feira volve contar co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e do Concello de Santiago a través do programa Compostela Móvese.

A Maker Faire Galicia contará con tres xornadas exclusivas para profesionais os días 3, 4 e 5 de xullo

O obxectivo destas xornadas é achegar ás empresas o potencial que ofrece o ecosistema maker e xerar novas sinerxias entre as dúas comunidades. Ao igual que na edición anterior, a feira volve contar co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e do Concello de Santiago a través do programa Compostela Móvese. As xornadas profesionais organízanse coa colaboración da Asociación para o Progreso da Dirección (APD).