O Goberno aproba novas medidas de apoio económico e social
O Consello de Ministros na súa xuntanza de 21/04/2020 aprobou as seguintes medidas económicas e sociais na crise do COVID-19:
O Consello de Ministros na súa xuntanza de 21/04/2020 aprobou as seguintes medidas económicas e sociais na crise do COVID-19:
Desde as principais entidades explicaron a Efe que non pararon de recibir peticións desde que se anunciou, por parte do Goberno, que o Estado avalaría o novo crédito que se concedese para afrontar os efectos económicos da pandemia do COVID-19. Cada banco foi recibindo esas peticións, que na maioría das entidades consultadas superou con fartura a cota que lles corresponde, e analizaron cada caso para determinar se o autónomo ou empresa é viable para darlle un crédito.
Unha análise preliminar de Deloitte sobre o impacto do coronavirus no consumo e a distribución desenvolve esta idea. De acordo á consultora —que explica que non é un informe ao uso, senón material utilizado durante un \'webinar\'— a recuperación do gasto en viaxes, lecer e comercio non chegaría ata pasados o nadal deste ano. O único sector que se ve beneficiado polo confinamento é o gran consumo, que viviu semanas axitadas.
A enquisa foi realizada entre os días 20 e 23 de Marzo de 2020, a aproximadamente 1.000 persoas en cada un dos cinco países analizados, entre eles España, para recoller o estado de opinión dos consumidores durante a crise do coronavirus. A gráfica que segue resume as principais conclusións, mais na enquisa completa figuran mais datos, persoalizados para cada país.
Así, o gasto en consumo final dos fogares pasou de crecer un 0,7% no primeiro trimestre do ano para facelo unicamente un 0,2% no segundo. Unha caída que marca unha tendencia cuxa primeira causa, apunta Miguel Cardoso, economista xefe para España de BBVA Research, é “a desaparición da demanda embalsada, sobre todo de bens caros e duradeiros” (como automóbiles ou electrodomésticos), cuxa compra españois e españolas pospuxeron durante a crise ata que melloraron as expectativas.