• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O freno do consumo dos fogares, outro síntoma da ralentización económica

Así, o gasto en consumo final dos fogares pasou de crecer un 0,7% no primeiro trimestre do ano para facelo unicamente un 0,2% no segundo. Unha caída que marca unha tendencia cuxa primeira causa, apunta Miguel Cardoso, economista xefe para España de BBVA Research, é “a desaparición da demanda embalsada, sobre todo de bens caros e duradeiros” (como automóbiles ou electrodomésticos), cuxa compra españois e españolas pospuxeron durante a crise ata que melloraron as expectativas.