• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Grandes e no centro: as tendas transfórmanse para ‘cazar’ ao novo consumidor

Data de escritura

O comecio polo miudo abre unha nova etapa. Deixada atrás a crise, o sector reactivouse en España á calor da recuperación do consumo, pero as necesidades dos operadores pouco teñen que ver coas de dez anos atrás. As tendas en eixos secundarios para gañar penetración deixaron paso a grandes tendas bandeira en eixos prime para achegarse ao consumidor.

Os novos hábitos de consumo e o avance da venda online están a dar un novo sentido ao comercio físico. O novo comercio polo miudo está definido por dous factores: conveniencia e experiencia. “A experiencia por metro cadrado será a nova métrica para medir o éxito dunha tenda nunha contorna competida e desafiante”, asegura KPMG no informe Global Retail Trends 2018.