• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Salvo en lecer, en 2018 gastamos menos en todos os sectores

Data de escritura

As persoas consumidoras móstranse prudentes para 2019 e non teñen previsto aumentar o seu orzamento. As persoas consumidoras retraénse, moderan o gasto e son máis selectivas á hora de escoller o que compran. Así o revelan os últimos datos macroeconómicos publicados e agora reforza a tese o estudo do Observatorio Cetelem sobre consumo en España que se publicou hoxe e que arroxa un perfil dunhas persoas consumidoras máis contidas e selectivas.

Segundo o estudo, “o consumo en España está a dar mostra de esgotamento”, como reflicte o descenso no número de persoas consumidoras que declararon comprar bens e servizos en distintas áreas (saúde, electrónica, mobles, reformas…). A porcentaxe cae en case todos os sectores se o comparamos co ano anterior, salvo en lecer, onde os españois e as españolas aumentaron o gasto un 5%.