• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO

O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

PLAN GALICIA EMPREGA

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2023, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rus

PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS POLA CONTRATACION INDEFINIDA E A FORMACION DE PERSOAS ASALARIADAS

A finalidade do programa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras.

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

PREMIOS Á COOPERACION

Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega. O código do procedemento para a tramitación destes premios é o TR802Q.

AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvención a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2023, na epígrafe 476.1 edición de libros, do imposto de actividades económicas e que conten, tamén antes da citada data, cun departamento de edición en Galicia, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT238A).

Compostela Somos Cultura afiánzase na cidade co inicio da terceira edición

A presentación aos medios, celebrada esta mañá no Concello de Santiago e á que asistiron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o coordinador artístico do ciclo, Xacobe Martínez Antelo, foi o espazo de lanzamento de todas as novidades desta terceira edición do dito Ciclo. A máis importante de todas, tal e como destacou a responsable municipal, foi a "incorporación de empresas da economía social compostelá como as localizacións dos microeventos".

Etiquetas

PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO XUVENIL

Este programa ten como obxectivo promover o espírito empresarial e a cultura emprendedora entre os mozos, apostando polo emprendemento e o autoemprego como dúas opcións de acceso ao mercado laboral.

Para crear unha empresa ou consolidar unha empresa precísanse, ademais de determinadas capacidades, moitas horas de traballo e formación no terreo empresarial. Todo iso ha de ir acompañado dunha forte motivación, que resulta vital para conseguir o obxectivo e que provén, na maioría dos casos, dunha actitude emprendedora e activa.

SUBVENCIONS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRICOLAS

Regular o procedemento de concesión das axudas que xestionará a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020 destinadas a:

a) Adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.

AXUDAS A IMPLANTACION DE SOLUCIONS AVANZADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA ECONOMIA CIRCULAR

Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento da economía circular cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e a implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, que acaden reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desperdicios, coa tendencia de converter os refugallos en recursos de uso noutros procesos produtivos.