• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mañá celebrarase o cuarto Encontro Participativo Temático no marco da actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Data de escritura

Neste último encontro temático, no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS, debateranse as problemáticas e retos da mobilidade no medio rural e na área metropolitana. Trátase do cuarto encontro tras tres citas nas que se trataron temas como a mobilidade de peóns, bicibletas e VMP, o trasporte público ou o tráfico e estacionamento na cidade, e se desenvolverá en formato telemático a partir das 10.00 h.

O 4º encontro centrarase nos retos e problemáticas da mobilidade no medio rural e na área metropolitana

Os Encontros Participativos Temáticos que se están a desenvolver durante os meses de marzo e abril pretenden propiciar o debate arredor das necesidades, retos e propostas en diferente ámbitos temáticos relacionados coa mobilidade na cidade de Santiago. Abertos á participación de toda a cidadanía, a modalidade será telemática e céntranse nas seguintes temáticas específicas:

- mobilidades brandas e activas: peón, bicicleta e VMP (29 de marzo, ás 17:00h)

- transporte público: autobús, tren e taxi (12 de abril, ás 10:00h)

- tráfico, estacionamento e distribución de mercadorías (19 de abril, ás 17:00h)

- medio rural e área metropolitana (26 de abril, ás 10:00h)

Para participar é preciso cubrir o formulario correspondente. As dúbidas ou consultas serán resoltas a través do correo electrónico pmus.santiagodecompostela@gmail.com ou por vía telefónica no número 604 025 160.

PMUS

O PMUS de Santiago é un Plan Estratéxico deseñado para satisfacer as necesidades de mobilidade na procura dunha mellor calidade de vida para toda a cidadanía.

Dende o Concello iniciouse o pasado mes de febreiro un proceso participativo para a revisión e actualización deste Plan, que foi aprobado en 2011. Co fin de que o se adapte á realidade da cidade, impulsouse un proceso de participación pública a través do cal a cidadanía en xeral e os axentes con implicación directa en materia de mobilidade poidan contar con diferentes vías para achegar a súas opinións e suxestións. O pasado 16 de marzo celebrouse o I Foro de Mobilidade no CSC de Santa Marta.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) 2014-2020, aliñado cos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integral (EDUSI) de Santiago de Compostela.