• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago recibe os fondos Next Generation para a consolidación do Anel verde de Compostela

O investimento contemplado no proxecto é de 3.803.774,91 euros, sen IVE. Os 190.188,74 restantes aportaraos o Concello de Santiago e a USC, xa que se tratada dun partenariado entre ambas institucións. A esta cantidade sumaríaselle o IVE, 677.180,92; polo que o custe total sería de 4.480.955,83 euros. O "Proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago.

Boa acollida á primeira xornada dos Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago

O primeiro encontro, centrado na temática Territorio, paisaxe e biodiversidade, tomou como exemplo a experiencia de 7H Cooperativa Cultural, representada por Clara Cordeiro. Os seus proxectos xiran en torno á dinamización territorial a través da arte, poñendo ofoco na importancia do cumunitario, no apego ao territorio e nos procesos. Para ilustrar as iniciativas desenvoltas por esta cooperativa, Clara Cordeiro explicou diferentes proxectos levados a cabo como o de Mutacións urbanas, Elas tamén pintan ou Utópicas: arte e territorio.

Arrancan os Encontros Emprendedores no marco da Axenda Urbana 2030

Esta iniciativa ofrecerá un total de 10 encontros -un por mes- na sé da do Mercado Galego da Creatividade (na rúa Calderería). Clara Cordeiro, integrante de 7H Cooperativa Cultural, será a protagonista desta primeira xornada, na que partillará coas persoas asistentes a experiencia derivada dos proxectos desenvoltos arredor da dinamización rural e urbana a través da arte e do diálogo comunitario.