• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Cambio Climático e a Resiliencia centrarán o martes 25 de abril o terceiro Encontro Emprendedor da Axenda Urbana 2030 de Santiago

A xornada estará protagonizada por Miguel Pardellas Santiago, de Feitoría Verde. Esta cooperativa conta cunha extensa traxectoria promovendo proxectos participativos arredor da educación e o coidado ambiental. Neste senso, o testemuño de Pardellas servirá como exemplo de contribución á loita contra o cambio climático e a resiliencia, poñendo o foco na acción comunitaria para o coidado da contorna de Compostela.

Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores abordando o modelo de cidade

Neste encontro emprendedor debatiranse os retos que aborda Compostela cara ao futuro, poñendo o foco na participación cidadá na definición do modelo de cidade. Nesta ocasión, participarán no encontro Mercedes Vázquez Bartomeu, historiadora e veciña do barrio de San Pedro, e Luciano González Alfaya, arquitecto e planificador de estratexias territoriais para a transformación urbana sostible. As persoas asistentes ao encontro poderán compartir reflexións e ideas que enmarquen os elementos tractores do modelo de cidade.

SEGUNDO ENCONTRO DE EMPRENDEDORES

O mes de marzo terá lugar o segundo encontro emprendedor, que centrará o debate sobre o modelo de cidade do futuro. No proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030 identificáronse cuestións que definen cal é actualmente o modelo de cidade, en referencia á distribución da poboación no territorio, os equipamentos e servizos disponibles, e os espazos de oportunidade para a transformación urbana na cidade.

Arrancan os Encontros Emprendedores no marco da Axenda Urbana 2030

Esta iniciativa ofrecerá un total de 10 encontros -un por mes- na sé da do Mercado Galego da Creatividade (na rúa Calderería). Clara Cordeiro, integrante de 7H Cooperativa Cultural, será a protagonista desta primeira xornada, na que partillará coas persoas asistentes a experiencia derivada dos proxectos desenvoltos arredor da dinamización rural e urbana a través da arte e do diálogo comunitario.