• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago abre a partir de mañá o prazo de inscrición para a cobertura de 59 prazas

Tras a súa publicación no día de hoxe no Boletín Oficial do Estado, o Concello de Santiago abrirá a partir de mañá, 14 de febreiro, o prazo de solicitude para participar na convocatoria de 59 prazas de persoal funcionario de carreira das escalas de Administración xeral (31) e de Administración especial (25), así como tres prazas de persoal laboral fixo. Estas novas prazas así como as do proceso de estabilización e a próxima convocatoria de promoción internas, suman un total de 222 prazas.

Ábrese o prazo de solicitude de subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e á prevención das violencias machistas

Estas axudas están destinadas a todas aquelas asociacións e entidades sen ánimo de lucro que, entre outros requisitos, teñan recollido expresamente nos seus estatutos, como obxecto ou entre os seus fins, a consecución da efectiva igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes e/ou a defensa dos dereitos e liberdades das persoas e colectivo LGTBQI. Tamén deben ter sede, domicilio social ou delegación permanente no termo municipal de Compostela.

A convocatoria conta con 3 liñas de axudas:

A Comisión de seguimento do V Plan de Igualdade conta con representación de todas as áreas e servizos do Concello

O "V Plan de Igualdade entre mulleres e homes do Concello de Santiago de Compostela", aprobado en pleno por unanimidade de todos os grupos da Corporación Municipal o pasado 4 de xullo; recolle os obxectivos e as medidas que van condicionar as políticas presentes e futuras de igualdade ata o ano 2025. Foi posible grazas á colaboración do persoal municipal, dos grupos políticos, do tecido asociativo e da poboación en xeral que participaron no seu desenvolvemento.

O Concello de Santiago promove un proxecto colaborativo de innovación social para loitar contra a vulnerabilidade na cidade

A situación socioeconómica mundial viuse danada pola crise sanitaria, que afectou ao ámbito laboral, con particular forza no sector servizos. O último informe da fundación FOESSA e a Cruz Vermella mostran que a precariedade laboral se duplicou, alcanzando xa a case 2 millóns de fogares. Isto supuxo unha maior brecha económica, co aumento dun 25% da diferenza entre a poboación con máis e menos ingresos. Tamén afectou á brecha de xénero e á exclusión social dos mozos e inmigrantes.

PROGRAMA ERASMUS PARA NOVOS EMPRENDEDORES

Este programa permite que propietarios/xerentes ou persoas que formen parte de Consellos de Administración dunha PEME (con máis de tres anos de experiencia dirixindo a empresa) poidan acoller a un mozo emprendedor doutro país da UE, así como dun grupo de países participantes (Albania, Armenia, Bosnia-Herzegoniva. República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía e Ucraína.

O período de acollida é de un a seis meses de forma totalmente gratuíta.

PRAZO INSCRICIÓN ABERTO

SUBVENCIONS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMIA SOCIAL (PROGRAMA APROL-ECONOMIA SOCIAL)

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través dos seguintes programas:

Programa I: dirixido a fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, persoas traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba.

AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACION DAS EMPRESAS EN GALICIA

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas (pemes) destinadas ao financiamento de bonos de innovación, código de procedemento IN848F.

Nesas axudas diferéncianse tres tipos de bonos de que se agrupan nas seguintes liñas:

PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE, CONCILIACION, E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral, código de procedemento administrativo (TR357C); adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo (TR357D), así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), código de procedemento

O alcalde agradece á secretaria de Estado de Turismo o apoio á cidade e os investimentos para o mantemento do patrimonio

O rexedor agradeceu a visita da secretaria de Estado, que "pon de manifesto o papel que xogamos as cidades históricas na imaxe de España no resto do mundo a nivel turístico". Sinalou Sánchez Bugallo que "en Santiago xúntanse as facetas histórica, cultural, relixiosa….a tradición e os camiños son unha referencia mundial dunha maneira distinta de facer turismo, dun turismo respectuoso co patrimonio, co medio ambiente e coas persoas", engadiu.

Etiquetas