• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS ECONOMICAS A EMPRESAS QUE REALICEN PUBLICACIONS PERIODICAS ESCRITAS INTEGRAMENTE EN GALEGO

OBXECTO

A expansión e difusión do galego normativizado e da cultura nas tarefas de información xornalística, de acordo co artigo 2 do Decreto 103/1994, do 21 de abril, polo que se establecen axudas dirixidas ás publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado.

SUBVENCIONS A PROXECTOS DE EMPRESAS GALEGAS DE EXHIBICION CINEMATOGRAFICA

OBXECTO

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para proxectos de empresas de exhibición cinematográfica comercial que contribúan a garantir e fortalecer a súa viabilidade, favorecer a captación de público, promover a difusión do cinema comunitario e doutras cinematografías con baixa cota de pantalla en España, e impulsar a actividade empresarial, para o ano 2023 (código de procedemento CT207M).

SUBVENCIONS PARA A COMERCIALIZACION E DIFUSION DE PROXECTOS E OBRAS AUDIOVISUAIS E VIDEOXOGOS

Estas bases, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva para a comercialización e difusión de contidos audiovisuais e de videoxogos galegos en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404D).

SUBVENCIONS Á CREACION ESCENICA

OBXECTO

Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic, para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT403B).

A finalidade das subvencións é o fomento da produción escénica en calquera disciplina artística.

SUBVENCIONS PARA A MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURISTICOS DE ALOXAMENTO E RESTAURACION

OBXECTO

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

-Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

-Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.

-Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.