O deporte como diferenciación dos destiños turísticos
O turismo deportivo é un produto de gran rendibilidade para os destinos. Os máis de 10,6 millóns de turistas estranxeiros que practicaron algún deporte durante a súa estancia en España en 2017 xeraron máis de 112 millóns de pernoitas e gastaron unha media de 114 euros ao día, 1.207 euros por persoa, segundo a Enquisa de Gasto Turístico ( Egatur) que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE). A maioría deles decantouse por actividades de exterior, en especial sendeirismo e montañismo, con máis de tres millóns de afeccionados, segundo estimacións de Turespaña.