• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aprobada a licitación e subministro da xestión da base de datos Oracle que agruparará a información do Concello de Santiago

Data de escritura

O Goberno Municipal aprobou hoxe o expediente de licitación do contrato mixto de servizos e subministración do "Sistema de xestión integral da base de datos Oracle do Concello de Santiago de Compostela", que sae a licitación por 154.215,37 euros, IVE engadido. Este sistema integrará todas as bases de datos, actualmente dispersas, co obxecto de ter un maior control da información, así como incrementar significativamente a seguridade da mesma

A Concelleira de persoal e modernización da Administración Local, Marta Abal

Esta licitación enmárcase dentro de plan de modernización da infraestrutura informática e telemática da administración local, que está desenvolvendo a concellaría dirixida por Marta Abal. En concreto, aprobouse a adquisición de licenzas e a xestión integral dunha base de datos de recoñecido prestixio no ámbito internacional, como é Oracle, co obxecto de convertela no núcleo central e integrador de información de todo o Concello de Santiago.

Esta adquisición implica apostar pola base de datos mais estendida por todo o mundo, a que máis referencias a nivel empresarial e institucional ten a nivel internacional; e polo sistema de xestión de base de datos relacional mellor valorado a nivel mundial tanto polo persoal técnico como polos usuarios.

Entre as vantaxes que pode aportar Oracle, resalta a independencia dos datos tanto a nivel físico como lóxico; a flexibilidade; a rapidez no manexo de grandes cantidades de información; a súa fiabilidade contrastada pola súa implantación a nivel mundial; e a posibilidade de escalado en función das necesidades. Tamén destaca o propio sistema de auditoría que incorpora para garantir a seguridade, a recuperación ante desastres, o rollback (volta atrás) ante calquera erro, o establecemento de puntos de restauración e o rexistro de actividade con capacidade de análise ante calquera continxencia.

A versatilidade da base de datos que se adquire tamén xoga un papel fundamental xa que permitirá alugar nun só espazo físico a información relativa a administración electrónica, a xestión de persoal, a contabilidade e facturación, aos sistemas de información xeográfica, aos sistemas industriais de monitorización, a xestión dos procesos específicos dos corpos de seguridade (policía local, bombeiros e protección civil), a ficheiros ofimáticos de xestión e aos servizos web entre outros.

Destacar tamén que a efectos de garantir a súa continuidade e dispoñibilidade o sistema de xestión de base de datos que se adquire implantarase na nova estrutura de CPD recentemente licenzada polo Concello de Santiago de Compostela, conseguindo así maior capacidade de computación e maior rapidez nas consultas a información. Dentro de esa estrutura, o sistema de xestión da base de datos configurarase en dous nodos independentes, co obxecto de dotalo de alta dispoñibilidade e redundancia a efectos de garantir o seu funcionamento durante as 24 horas do día os 365 días do ano.

A duración do contrato é de 3 anos e inclúe o soporte de propio fabricante da base de datos. De feito, e en liña con outras actuacións que se están a desenvolver dentro do plan de modernización do Concello de Santiago refréndase a aposta da Concellaría de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local de poder contar cos sistemas tecnolóxicamente mais avanzados e coas millores referencias do mercado para unha mellor prestación de servizos a veciñanza.

Documentos relacionados