• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da dirección facultativa das actuacións de mellora de eficienca enerxética do alumeado público

Data de escritura

A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, deu luz verde ao procedemento aberto de adxudicación da "Dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de mellora de eficiencia enerxética do alumeado público exterior do Concello de Santiago de Compostela", que conta cun orzamento base de licitación de 337.312,50 euros para os anos 2023 e 2024.

Alumeado exterior nunha rúa compostelá

O pasado 11 de abril, a Xunta de Goberno Local adxudicaba o contrato de "Servizos enerxéticos e de mantemento, funcionamento e subministración do alumeado público exterior do concello de Santiago" á UTE Ferrovial Construcción S.A. e ENDESA X Servicios S.L., por un importe total de 41.765.702,55 euros, IVE engadido. Este novo contrato permitirá a renovación e mantemento do alumeado das rúas, prazas, e outros espazos públicos do municipio por un período de dez anos, incorporando o uso da tecnoloxía LED e dun sistema de enerxía 100% renovable

Este contrato prevé, nun prazo de oito meses, a renovación de máis de 30.000 elementos luminarios que pasarán a ser leds, así como a mellora da iluminación nas zonas rurais coa incorporación dun sistema 5G que permita coñecer en tempo real o estado de cada unha das farolas e actuar de xeito inmediato no caso de incidencias. Estas melloras de eficiencia enerxética permitirán un aforro económico anual estimado dun millón de euros, xa que se espera que o consumo enerxético diminúa en máis dun 70%.

Documentos relacionados