SUBVENCIONS Á CREACION INDIVIDUAL
Axencia Galega das Industrias Culturais
RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207E).
Regular as subvencións establecidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para o apoio á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais, e a posprodución de curtametraxes e realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT207E).
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación :
Se a persoa solicitante é persoa xurídica:
-Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
-Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.
Se a persoa solicitante está domiciliada fóra da Comunidade Autónoma de Galicia (nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea), certificado de empadroamento.
Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude, de ser o caso.
Documentación acreditativa de ter autorización expresa da persoa propietaria dos dereitos da obra preexistente, de ser o caso.
As persoas solicitantes deberán enviar documentación específica en función da modalidade á que se presenten.
1. As persoas físicas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
2. As persoas físicas autónomas ou xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude e sexan residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea
Proxectos da modalidade A (proxectos de escrita de guión), unicamente poderán presentarse aquelas persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación coa realización dunha obra audiovisual ou ben a súa formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual.
Para proxectos da modalidade B:
– Proxectos da submodalidade B1 (realización de curtametraxe): unicamente poderán presentarse aquelas persoas físicas que exerzan como director ou directora da obra.
– Proxectos da submodalidade B2 (curtametraxes en construción): a persoa beneficiaria terá que ser persoa autónoma ou empresa, en ambos casos constituída como produtora audiovisual.
Proxectos da modalidade C (longametraxes): a persoa beneficiaria terá que ser persoa autónoma ou empresa, en ambos casos constituída como produtora audiovisual.