• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA DE ACELERACIÓN PARA EMPRENDEDORES NA ESPAÑA RURAL

Yoigo e UnLimited Spain lanzan Que vivan os pobos!, un novo programa de aceleración para startups de impacto social que queren cambiar o futuro dos pobos.

Os proxectos seleccionados recibirán, durante 5 meses, acompañamento personalizado, o cal consta de: diagnóstico de necesidades, asesoramento individual, mentorías, formacións e acceso a rede de investidores.

Mañá celebrarase o cuarto Encontro Participativo Temático no marco da actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Os Encontros Participativos Temáticos que se están a desenvolver durante os meses de marzo e abril pretenden propiciar o debate arredor das necesidades, retos e propostas en diferente ámbitos temáticos relacionados coa mobilidade na cidade de Santiago. Abertos á participación de toda a cidadanía, a modalidade será telemática e céntranse nas seguintes temáticas específicas:

- mobilidades brandas e activas: peón, bicicleta e VMP (29 de marzo, ás 17:00h)

- transporte público: autobús, tren e taxi (12 de abril, ás 10:00h)

O Pleno municipal aproba por unanimidade do Pacto polo Rural

Na sesión plenaria desta mañá, todos os partidos municipais votaron a favor da aprobación do Pacto polo Rural, que materializa o compromiso conxunto ao respecto das "accións mínimas a levar a cabo no rural de Santiago nun horizonte temporal de 8 anos, superando así os períodos de catro anos das lexislaturas e os tempos electorais, co fin de garantir a estabilidade mínima precisa".

Enerxía renovable para un desenvolvemento rural sostible

Na súa auditoría, o Tribunal constatou que existen posibles sinerxias entre a política de enerxía renovable e os fondos destinados a facilitar o desenvolvemento sustentable, pero que estas sinerxias seguen sen aproveitarse en gran medida. A política da UE sobre enerxías renovables podería ser máis explícita ao establecer as condicións para vincular de maneira eficaz a enerxía renovable ao desenvolvemento rural.

A própole: métodos de recolección e calidades

É coñecido desde fai miles de anos polas súas propiedades farmacolóxicas e nos últimos anos a súa demanda incrementouse de forma notable, sendo España un país claramente importador, polo que existe un amplo mercado para os apicultores profesionais que desexen comercializalo. O seu valor depende de moitos factores entre os cales está a presenza dalgúns contaminantes. As grandes empresas que comercializan produtos a base de própole importan directamente extractos cos que elaboran os seus produtos, non própole bruto.