• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A própole: métodos de recolección e calidades

Data de escritura

A própole é un cemento ou masilla bio-activa de carácter principalmente resinoso que as abellas procesan de forma natural a partir de substancias oleo- gomo- resinosas que recollen de diferentes partes de plantas diversas próximas ao colmear. 

Extraído de campogalego.com. 

Contido publicado baixo licenza Creative Commons – Recoñecemento – Non Comercial – Compartir igual (CC-BY-NC-SA) 4.0 International.

É coñecido desde fai miles de anos polas súas propiedades farmacolóxicas e nos últimos anos a súa demanda incrementouse de forma notable, sendo España un país claramente importador, polo que existe un amplo mercado para os apicultores profesionais que desexen comercializalo. O seu valor depende de moitos factores entre os cales está a presenza dalgúns contaminantes. As grandes empresas que comercializan produtos a base de própole importan directamente extractos cos que elaboran os seus produtos, non própole bruto.