Caen as estancias en apartamentos e manteñénse no turismo rural
Data de escritura
As pernoitas en aloxamentos extrahoteleiros baixaron un 4% en xullo respecto ao mesmo mes de 2017. Nos apartamentos turísticos caeron un 7,6%, cunha redución máis acusada no caso da demanda nacional e unha diminución da estancia media dun 3,8%. Neste tipo de establecementos, a ocupación do mes pasado foi dun 48,9%, un 8,5% menos que o exercicio anterior.

Con todo, o balance foi diferente no turismo rural: as pernoitas alcanzaron os mesmos niveis do ano pasado, cun incremento da demanda internacional que freou a baixada da nacional.
Enlaces