A própole: métodos de recolección e calidades
É coñecido desde fai miles de anos polas súas propiedades farmacolóxicas e nos últimos anos a súa demanda incrementouse de forma notable, sendo España un país claramente importador, polo que existe un amplo mercado para os apicultores profesionais que desexen comercializalo. O seu valor depende de moitos factores entre os cales está a presenza dalgúns contaminantes. As grandes empresas que comercializan produtos a base de própole importan directamente extractos cos que elaboran os seus produtos, non própole bruto.