• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da dirección facultativa das actuacións de mellora de eficienca enerxética do alumeado público

O pasado 11 de abril, a Xunta de Goberno Local adxudicaba o contrato de "Servizos enerxéticos e de mantemento, funcionamento e subministración do alumeado público exterior do concello de Santiago" á UTE Ferrovial Construcción S.A. e ENDESA X Servicios S.L., por un importe total de 41.765.702,55 euros, IVE engadido. Este novo contrato permitirá a renovación e mantemento do alumeado das rúas, prazas, e outros espazos públicos do municipio por un período de dez anos, incorporando o uso da tecnoloxía LED e dun sistema de enerxía 100% renovable

A Xunta de Goberno adxudica o mantemento e subministración do alumeado público exterior do concello, que prevé un aforro eléctrico superior ao 70%

O contrato prevé, nun prazo de oito meses, a renovación de máis de 30.000 elementos luminarios que pasarán a ser leds, así como a mellora da iluminación nas zonas rurais coa incorporación dun sistema 5G que permita coñecer en tempo real o estado de cada unha das farolas e actuar de xeito inmediato no caso de incidencias. Estas melloras permitirán un aforro económico anual estimado dun millón de euros, xa que se espera que o consumo enerxético diminúa en máis dun 70%.

O Concello de Santiago, pioneiro na captación de fondos europeos destinados ao fomento da compra pública innovadora

O proxecto Smartiago contempla tres liñas estratéxicas: a da xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos, a da mobilidade intelixente sostible e a do alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio.